|
|
 |
Os consumidores son os primeiros prexudicados pola batalla publicitaria que están a librar os operadores de ADSL para ampliar, custe o que custe, o seu número de usuarios. As ofertas e contraofertas agresivas dos provedores ocultan confusión e desconcerto e, en non poucas ocasións, o consumidor séntese impotente.
O usuario de internet por ADSL paga dende que recibe o kit de instalación na súa casa, aínda que non se poida conectar. Ademais, ten que pagar a asistencia técnica a domicilio se a require para completar a instalación e, a miúdo, a velocidade contratada non se corresponde coa real. E se decide darse de baixa…¡paciencia! quedan por diante un sinfín de trámites. |
 |
facer ou non facer rede: esa é a cuestión
Case todos os provedores de ADSL alúganlle a rede a Telefónica para aforrar os custos de construír unha rede propia; son meros revendedores e dependen dun terceiro para asegurar a calidade dos seus servizos. Aí está a clave de todos os problemas.
Por iso R decidiu despregar a súa propia rede de fibra óptica en Galicia e por iso lles pode asegurar aos seus clientes a calidade do seu acceso a internet, o tempo de conexión, os tempos de resposta ante avarías e o servizo telefónico (ata en caso de apagón eléctrico) sen ter que negociar con outros.
Durante cinco veces consecutivas dende 2004, R foi elixido o mellor provedor de acceso a internet de alta velocidade de España, segundo o estudo elaborado pola Organización de Consumidores e Usuarios. Doutra banda, tamén é o provedor de internet mellor valorado segundo a 10ª e a 11ª enquisa Navegantes na rede da AIMC. A conexión con R, a diferenza das tecnoloxías ADSL, non depende da distancia dos equipos do cliente coa central telefónica nin do número de usuarios que estean conectados na zona. E, o mellor de todo, non se comparte a capacidade da conexión entre os diferentes servizos: internet, televisión ou teléfono. Así se, por exemplo, queres ver a televisión e navegar á vez, poderás facelo sen notar unha importante baixa de velocidade, cousa que non sucede co ADSL.. |
 |
navegar nunca foi tan doado...
Atrás quedan as conexións cos vellos módems telefónicos e o de consultar o reloxo antes de descargar contidos ou de arrincar a nosa páxina web favorita. En R propuxemos dende o principio unha tarifa plana mensual con todo incluído, un prezo axustado ao mercado malia que a calidade da conexión de R é moi superior a outras alternativas de prezos semellantes.
Tamén tes sistemas sen fíos na casa ou na oficina para compartir a conexión entre varios ordenadores, impresoras e outros periféricos sen ter que ‘cablear’ máis da conta. Ademais, en caso de avaría substituímosche o cablemódem nun prazo de 24 horas (12 horas se contratas mantemento avanzado) e tes dereito a unha compensación económica se non o facemos a tempo.
E para calquera dúbida ou problema dispós dunha dirección de correo electrónico e dun servizo de atención telefónica gratuíto todo o ano e a calquera hora do día e da noite. Estamos para iso. |
 |
...nin tan seguro
R pódeche instalar, así mesmo, o servizo de internet e deixalo configurado cunha conta de correo electrónico e un paquete de seguridade que inclúe antivirus, cortafogos e filtro de correo e de contidos para evitar, entre outras cousas, a entrada masiva de correo non desexado (boa parte dos virus que chegan aos ordenadores persoais fanno por esta vía) e asegurarte, por exemplo, de que os teus fillos non acceden a webs de contidos para adultos. Se queres comentar éste ou calquera outro tema, ponte en contacto connosco |
|