R está a construír unha nova rede de fibra óptica. Grazas a iso, podémosvos ofrecer os mellores servizos. Desde 2004 fomos elixidos durante cinco veces consecutivas o mellor provedor de acceso a internet de España, segundo o estudo elaborado pola Organización de Consumidores e Usuarios, ao tempo os usuarios recoñecéronnos como o mellor provedor de internet segundo a AIMC.
En 2009 subimos outra vez a velocidade do teu acceso a Internet: ata 12 megas para os clientes de comboR e combo3. Doutra banda, os clientes de combo2 e combo1, coas antigas opcións de 1 e 3 megas, melloraron tamén as súas conexións pasando a desfrutar de 3 e de 6 megas respectivamente.
diferenzas co ADSL
A conexión a Internet con R non depende, como no caso do ADSL, da distancia dos equipos coa central telefónica, nin do estado do cable de teléfono, nin do número de clientes conectados á mesma central.
Con R non compartes a capacidade da conexión de Internet coa televisión e o teléfono. Se queres ver a televisión, falar por teléfono e navegar ao mesmo tempo, mantense a máxima calidade nos tres servizos.
En ADSL, por exemplo, cando ves a televisión, podes sufrir un descenso de velocidade considerable na conexión a Internet.