menú

por que non consigo o 100%?

son moitas as razóns polas que non chegas ao 100% da velocidade. As máis importantes indicámolas a continuación:

estás a facer o test do velocímetro por wi-fi?

  • se cando realizas a medida estás conectado por wi-fi, o resultado pode non ser o agardado porque o rendemento do wi-fi depende de moitos factores sobre os que non se poden ter o control e sobre os que R non pode actuar (interferencias no medio radio que usa el wi-fi por electrodomésticos ou veciños conectados tamén por wi-fi). Aquí che damos máis información sobre o wi-fi. R só pode garantir a velocidade a través de conexión por cable UTP de categoría 5e ou superior. Canto maior sexa a velocidade contratada, más crítico é a forma de conexión para facer as medidas

datos de sinalización

  • en conexións entre ordenadores, unha parte dos datos úsanse para 'sinalizar' o envío de información ('abrir conexión', 'pechar conexión', 'anaco recibido', 'anaco non recibido', etc.); eses sinais ocupan parte da velocidade dispoñible na túa conexión polo que a velocidade 'aparente' sempre é un pouco menor

usas unha conexión de R?

  • o noso velocímetro conéctase a un servidor de internet aloxado en R: isto significa que se o utilizas dende unha conexión de R o resultado será moito máis exacto que se o utilizas dende unha conexión con outro operador, porque dese xeito os datos envíanse e recíbense a través de internet, pasando por redes de terceiros
  • é dicir, se por exemplo usas o velocímetro cun ADSL de 1Mbps doutro operador, os datos viaxan a través da túa conexión a ese operador, á rede dese operador, internet e á rede de R ata o servidor do velocímetro, polo que toda esa 'distancia' e elementos intermedios fan que a conexión sexa máis lenta

rendemento do teu ordenador

  • un ordenador lento pode non ter suficiente capacidade para usar o máximo da túa conexión de R; tamén, se ten programas funcionando que o retarden, como antivirus, cortafogos/firewalls e similares, podería facer diminuír a velocidade da conexión
  • para sacarlle o máximo partido á túa conexión de 200 megas, maximiza o rendemento do teu ordenador. Dámosche algunhas pistas aquí

aplicacións que usan internet

  • lembra que para facer o cálculo, se che pide que peches TODOS os programas agás o navegador; calquera programa en execución pode estar usando a rede e diminuír a capacidade de conexión dispoñible para o velocímetro
  • esta recomendación vai sobre todo a aplicacións de descarga tipo P2P como emule ou bittorrent que consumen normalmente o 100% da conexión e cos que é imposible realizar probas fiables
  • se tes máis xanelas de navegador abertas, péchaas tamén, porque poderían estar a recargar todo ou parte das súas páxinas
  • no teu ordenador é moi probable que haxa aplicacións executándose e conectándose a internet de forma habitual: por exemplo, cando o teu sistema operativo ou algunha aplicación consultan se hai versións novas ou directamente descargan actualizacións de internet; todo ese tráfico inflúe no cálculo do velocímetro

outros ordenadores na mesma rede

  • se o ordenador dende o cal realizas a proba co velocímetro non é o único que accede á rede coa mesma conexión (por exemplo, se tes un cablemódem wi-fi de R e varios ordenadores na casa) entón deberías apagar os outros ordenadores ou polo menos pechar todos os programas que puidesen estar conectándose á rede (sobre todo aplicacións de descarga tipo P2P como emule ou bittorrent)